01 02 03 04 05 06

Noticias

El Colegio de Biólogos de Galicia (COBGA) ha presentado la candidatura de la Olimpiada Española de Biología (OEB) a los XXIX Premios Prismas

09/08/2016 22:08

Los premios Prismas son una iniciativa de los Museos Científicos Coruñeses (Ayuntamiento de A Coruña) que pretende potenciar la difusión de la cultura científica en España, y apoyar a todos los profesionales que trabajaban en este campo. Se entregan desde hace 29 años a los mejores profesionales de la divulgación científica.

Los trabajos presentados como candidatos a los premios pueden versar sobre cualquier tema en relación con las ciencias, tanto en sus aspectos generales, como en cualquiera de sus ramas o aplicaciones prácticas. Se ha de tratar de trabajos, actividades e iniciativas dirigidos al público en general.

La solicitud presentada es la siguiente (texto en gallego):

No ano 1985, por petición da UNESCO, comezou a Olimpíada Internacional de Bioloxía (IBO) co propósito de promover o estudo da Bioloxía en todo o mundo e de facilitar o intercambio de experiencias sobre o seu ensino. En España, a primeira Olimpíada Española de Biología (OEB) realizouse no ano 2005 nas Illas Canarias. Foi promovida por un grupo de docentes de Secundaria que constituiron a Asociación Olimpíada Española de Biología como entidade sen de ánimo de lucro coa finalidade de fomentar os estudos relacionados coa Bioloxía e promover o interese na investigación e a divulgación científica entre os/as estudantes do sistema educativo español. Previamente, nos anos 2002-2003 xurdiu, de xeito independente e paralelo, a iniciativa de organizar unha Olimpíada Local de Bioloxía en Madrid e Valencia. Na organización das distintas fases participa un importante número de docentes de secundaria e universidade que, de xeito completamente desinteresado, movilizan a nivel de todo o estado, nas distintas fases autonómicas españolas, uns/as 2.500 alumnos/as duns 700 centros de toda España e do estranxeiro.

A OEB ten como obxectivo xeral o de achegar a ciencia aos nosos mozos, estimular o interese polas ciencias biolóxicas en todas as súas áreas, premiar o esforzo e á excelencia académica, espertar a vocación pola investigación e contribuír á formación e a divulgación  científica no colectivo da nosa mocidade.  Aumenta, deste xeito, a cultura científica da nosa sociedade. Este obxectivo xeral concrétase nos seguintes particulares:

  • Estimular o estudo das ciencias biolóxicas -en todas as súas áreas- entre a mocidade.
  • Potenciar o interese da xuventude na Investigación. Os participantes teñen a opción de facer unha estancia dunha semana nun centro do CSIC da súa elección.
  • Servir de punto de encontro entre o ensino secundario e a Universidade.
  • Divulgar a Bioloxía, fomentar a cultura e a divulgación científica e poñer en valor a actividade científica como profesión.

A Olimpíada de Bioloxía estructurase en 3 fases:

– Fase Local/Autonómica, na que poden participar todos os estudantes de Bioloxía de bacharelato da Comunidade Autónoma (A Fase Galega cumpriu xa a súa XI edición coa participación de preto de 100 alumnos/as e 33 centros)

– Fase Nacional, na que participan os mellores clasificados de cada Fase Autonómica.

– Fases Internacionais: a International Biology Olimpiad na que participan os 4 mellores clasificados da fase nacional e a Fase Iberoamericana, na que participan os clasificados do posto 5 ao 8 na Fase Nacional.

Para o alumnado galego os resultados teñen sido moi bos. Nas edicións da Fase Nacional  oito alumnos/as galegos/as foron gañadores/as e participaron nas fases internacionais (seis na Internacional e dous nas Iberoamericanas). Da súa participación compre destacar as medallas de bronce no 2014 (Bali e México).

En canto á traxectoria académica e profesional posterior dos participantes nas OEB, dicir que nas once edicións xa realizadas da Olimpiada Española de Biología participaron uns 650 alumnos de Bachelerato e, das primeiras edicións, algúns xa remataron os seus estudos de Doctorado.

Nunha recente enquisa aos/as premiados/as en anos anteriores o 100% recomendaría aos estudiantes de Bachelerato a participación na Olimpiada de Bioloxía. Máis da metade recibiu algunha mención durante os seus estudos universitario e o 90% destes relaciona a súa participación na Olimpiada con este feito. (Fonte: “Informe La Olimpiada de Biología. una iniciativa para el fomento de la excelencia académica y la cultura científica”, solicitado polo Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa do Ministerio de Educación Cultura y Deporte. 2016).

Como mostra do nivel acadado os/as gañadores/as obtiveron posteriormente bolsas de Excelencia Académica como as Becas da Fundación Mª Cristina Masaveu Peterson, da Fundación Rafael do Piñeiro ou Premios fin de carreira. Tamén bolsas de inicio á investigación como o Programa Achégache (Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares), o Programa Cicerone, ou bolsas da Escola de verán da Universidade de Leiden. Un importante número deles realizaron estancias en hospitais e centros de investigación como o Brigham & Women’s Hospital, asociado á Harvard Medical School (Boston), ou o Karolinska Insitutet (Estocolmo), tamén no Massachusetts General Hospital, asociado á Harvard Medical School, ou no Centro de Regulación Genómica de Barcelona. Por último tamén algúns deles teñen obtido bolsas para estudios de posgrao como as bolsas La Caixa, as Marie Curie ou as Clarendon (Fonte: Informe MECD)

Por todo iso consideramos que a Asociación Olimpíada Española de Biología é merecedora do Premio Prisma Especial do Xurado.

 

Share